Anexo as programacións didácticas

 

Conservatorio Profesional de Música do Barco de Valdeorras

 

                                                                                       

 Estación n.º 2   32300 O Barco de Valdeorras Tlf 988320533

cmus.profesional.obarco@edu.xunta.gal

barconservatorio.blogspot.com /Facebook: Conservatorio Escola de O Barco

 

 

Anexo as programacións didácticas das asignaturas que se imparten no centro.

 

            Adaptación extraordinaria da programación á nova situación por COVID19 Segundo o Real Decreto 463/2020 que xerou un estado de alarma sanitario a nivel estatal, as clases tiveron que suspenderse de xeito presencial o 16 de marzo de 2020. Esta situación derivou nunha educación a distancia segundo as ordes da (Consellería de Educación) Ministerio de Educación.

 

Segundo establecía o comunicado do 13 de abril de 2020 da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, dirixido ás direccións dos centro educativos de ensinanza non universitaria sobre as medidas a adoptar en relación co inicio do terceiro trimestre, instábase a que a actividade lectiva non presencial continuara, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. Desta forma, os centros educativos avaliarían as medidas a adoptar cara á atención do alumnado con maiores dificultades de acceso á educación no actual contexto.

 

            Atendendo a este requisito, cada centro dispuxo das medidas precisas para facilitar a continuidade do proceso da aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar. Así, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, estableceu un sistema de comunicación e información co alumnado e as familias a través das ferramentas ou plataformas utilizadas habitualmente, atendendo sempre ás instruccións do centro para axeitarse da mellor forma posible á situación vivida.

 

       Avaliación inicial

 

Dado que a maioría do alumnado seguiu as clases de forma telemática, será o profesorado o que procederá a establecer unha avaliación inicial ao longo dos primeiros días do curso onde comprobará si hai contidos non tratados.  Este tipo de avaliación permitirá coñecer e valorar a situación de partida do alumnado, para así comezar cunha intervención axustada ás necesidades e posibilidades de cada estudante. Ademáis, permitirá valorar o progreso realizado polo alumnado, considerando que para apreciar o avance, é necesario ter en conta o nivel de partida. Esta avaliación contribuirá a dotar ao docente dunha perspectiva real sobre as metodoloxías necesarias a aplicar, para que de o xeito máis eficaz posible, os estudantes aborden os posibles contidos máis esenciais non traballados no último trimestre do pasado curso. Así o profesorado  poderá realizar unha proba valorativa onde detectará as aprendizaxes non adquiridas empregando e comprobando os informes persoais de cada alumno xerados na fin do curso 2019-2020 que será determinante para que a avaliación inicial manteña a máxima rigurosidade e obxectividade posible.

 

Esta avalación será realizada de forma individual a cada alumno e cos resultados obtidos procederase a establecer as mellores pautas de traballo para a consecución dos contidos non realizados no curso anterior.

 

Para unha comprensión das necesidades do alumnado, na avalación inicial terase en conta o estado emocional do alumnado considerando os acontecementos sociais e sanitarios tan complexos vividos. Por outra banda, os docentes deberán detectar si o alumnado conta cos dispositivos pertinentes para unha potencial educación telemática

 

Aprendizaxes non adquiridas durante o curso 2019-2020

 

Atendendo á situación vivida durante o curso académico anterior, cada departamento impulsará a seguinte adaptación coa finalidade de amosar os contidos non abranguidos no repertorio e que deberán ser traballados ao traveso de diferentes estratexias metodolóxicas neste curso no repertorio establecido na programación. Ao tratarse en moitos casos dunha continuidade  os docentes procederán a unha secuenciación da forma máis eficiente e idonea posible para contribuir a unha axeitada transición entre os contidos non dados e os propios deste curso académico. A aula virtual terá por tanto un protagonismo relevante neste propósito.

 

Compre entender que prácticamente a totalidade dos contidos da materia están englobados en musicais e técnicos e como no resto das materias instrumentais, non están compartimentalizadas, é dicir, non funcionan como entes independentes secuenciadas por trimestres. Esto responde a que as aprendizaxes nestas disciplinas prodúcense en espiral. Isto determina que os contidos sobre a materia non se traballan unha soa vez de forma independente e secuenciada, se non todo ao mesmo tempo de forma gradual e repetida, contribuíndo a desenrolar o coñecemento intelectual sobre o repertorio traballado, o desenvolvemento do alumnado da súa autonomía instrumental e unha mellora progresiva da súa habilidade sobre o instrumento dende unha perspectiva técnica e musical. Esta é a razón pola que o proceso de desenrolo instrumental prodúcese de forma natural e progresiva sempre que haxa unha planificación dun repertorio axeitado. 

 

O contrario que noutras ensinanzas, tanto a nosa programación, como a nosa pedagoxía non secuencia en contidos se non no número de pezas que hai que traballar ao longo do curso atendendo ás necesidades do alumno e ó nivel requirido en cada curso académico. Debido ó anterior, as aprendizaxes non adquiridas, no caso da materia instrumento, estarán intimamente relacionadas cos mínimos esixibles en canto á preparación do repertorio no que o alumnado deberá abranguir os contidos especificados na programación acorde a cada curso.

 

Por todo o exposto anteriormente, os informes xerados no curso anterior serán determinantes para que cada docente pescude que pezas non foron abordadas no último trimestre para trasladar ese traballo pendente ao longo deste curso académico xunto co repertorio correspondente.

 

Os diferentes cursos están secuenciados nun número mínimo de obras expostas nos mínimos esixibles da programación. Considerando que o alumnado non cursou de forma presencial o último trimestre do curso anterior, de forma xeral, o alumnado que teña pendente parte do repertorio deberá completar neste curso académico a parte do repertorio mínimo para pasar de curso cumprindo os contidos establecidos na programación. Sen embargo, compre lembrar que os informes serán o documento vinculante que determine o repertorio real pendente de completar. Hai que ter en conta por outra parte que a excepción a todo esto son os cursos de 4º de Grao Elemental e 6º de Grao Profesional, ámbolos por ser os últimos cursos de cada Grao.

 

 

        

       Semipresencialidade e non presencialidade no centro.

 

Debido a incertidume que está a xerar a COVID no ámbito social e educativo contemplarase o uso dunha situación de semipresencialidade ou non presencialidade segundo o contexto sanitario. Para abranguer este tipo de educación promoveranse o uso de metodoloxías e recursos propios da formación telemática. No caso de formación semipresencial onde se poden contemplar escenarios de confinamientos parciais ou rotacións grupais, utilizarase a ensinanza virtual para o envío de materiais que reforcen as aprendizaxes dos contidos para intentar que alumnado non presencial temporal poida seguir o ritmo da aprendizaxe do resto do grupo.

No caso da non presencialidade, contémplase a utilización da videoconferencia, complementandoa coa utilización de recursos dixitais. En ámbolos casos sempre que sexa posible as clases serán realizadas dentro do horario establecido do profesorado.

 A comunicación coas familias terá unha importancia fundamental cara a detectar posibles problemáticas do alumnado no proceso de aprendizaxe. Utilizaranse  para o contacto coas familias  as plataformas dispoñibles para tal fin.

 

 

       Actividades de reforzo e recuperación

 

Para contribuir a unha preparación máis eficaz e rápida do repertorio non realizado, as actividades de reforzo e recuperación serán establecidas para contribuir a solventar as carencias nas aprendizaxes que por mor do confinamento e as consecuencias na impartición do currículo se viron afectadas. Cada departamento procederá a utilizar diferentes protocolos metodolóxicos, así coma o uso das aulas virtuais nas modalidades semipresencial ou non presencial.

Consecuentemente, nesta modalidade telemática propoñeranse actividades de reforzo e de recuperación para contribuir e potenciar a adquisición dos contidos requiridos tal como establece a programación.

Comentarios

Entradas populares