miércoles, 23 de diciembre de 2020

Boletins da 1ª Avaliación

Poderanse enviar a un correo electrónico á seguinte dirección solicitando que se lle envie o boletín.

cmus.profesional.obarco@edu.xunta.gal

No próximo trimestre esta a traballar nunha aplicación para que cada alumno/a titor/a baixasen a app no seu móbil e na cal teremos unha canle de comunicación de seguimento do alumnado.Pronto se vos facilitase información da mesma

viernes, 6 de noviembre de 2020

Anexo as programacións didácticas

 

Conservatorio Profesional de Música do Barco de Valdeorras

 

                                                                                       

 Estación n.º 2   32300 O Barco de Valdeorras Tlf 988320533

cmus.profesional.obarco@edu.xunta.gal

barconservatorio.blogspot.com /Facebook: Conservatorio Escola de O Barco

 

 

Anexo as programacións didácticas das asignaturas que se imparten no centro.

 

            Adaptación extraordinaria da programación á nova situación por COVID19 Segundo o Real Decreto 463/2020 que xerou un estado de alarma sanitario a nivel estatal, as clases tiveron que suspenderse de xeito presencial o 16 de marzo de 2020. Esta situación derivou nunha educación a distancia segundo as ordes da (Consellería de Educación) Ministerio de Educación.

 

Segundo establecía o comunicado do 13 de abril de 2020 da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, dirixido ás direccións dos centro educativos de ensinanza non universitaria sobre as medidas a adoptar en relación co inicio do terceiro trimestre, instábase a que a actividade lectiva non presencial continuara, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. Desta forma, os centros educativos avaliarían as medidas a adoptar cara á atención do alumnado con maiores dificultades de acceso á educación no actual contexto.

 

            Atendendo a este requisito, cada centro dispuxo das medidas precisas para facilitar a continuidade do proceso da aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar. Así, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, estableceu un sistema de comunicación e información co alumnado e as familias a través das ferramentas ou plataformas utilizadas habitualmente, atendendo sempre ás instruccións do centro para axeitarse da mellor forma posible á situación vivida.

 

       Avaliación inicial

 

Dado que a maioría do alumnado seguiu as clases de forma telemática, será o profesorado o que procederá a establecer unha avaliación inicial ao longo dos primeiros días do curso onde comprobará si hai contidos non tratados.  Este tipo de avaliación permitirá coñecer e valorar a situación de partida do alumnado, para así comezar cunha intervención axustada ás necesidades e posibilidades de cada estudante. Ademáis, permitirá valorar o progreso realizado polo alumnado, considerando que para apreciar o avance, é necesario ter en conta o nivel de partida. Esta avaliación contribuirá a dotar ao docente dunha perspectiva real sobre as metodoloxías necesarias a aplicar, para que de o xeito máis eficaz posible, os estudantes aborden os posibles contidos máis esenciais non traballados no último trimestre do pasado curso. Así o profesorado  poderá realizar unha proba valorativa onde detectará as aprendizaxes non adquiridas empregando e comprobando os informes persoais de cada alumno xerados na fin do curso 2019-2020 que será determinante para que a avaliación inicial manteña a máxima rigurosidade e obxectividade posible.

 

Esta avalación será realizada de forma individual a cada alumno e cos resultados obtidos procederase a establecer as mellores pautas de traballo para a consecución dos contidos non realizados no curso anterior.

 

Para unha comprensión das necesidades do alumnado, na avalación inicial terase en conta o estado emocional do alumnado considerando os acontecementos sociais e sanitarios tan complexos vividos. Por outra banda, os docentes deberán detectar si o alumnado conta cos dispositivos pertinentes para unha potencial educación telemática

 

Aprendizaxes non adquiridas durante o curso 2019-2020

 

Atendendo á situación vivida durante o curso académico anterior, cada departamento impulsará a seguinte adaptación coa finalidade de amosar os contidos non abranguidos no repertorio e que deberán ser traballados ao traveso de diferentes estratexias metodolóxicas neste curso no repertorio establecido na programación. Ao tratarse en moitos casos dunha continuidade  os docentes procederán a unha secuenciación da forma máis eficiente e idonea posible para contribuir a unha axeitada transición entre os contidos non dados e os propios deste curso académico. A aula virtual terá por tanto un protagonismo relevante neste propósito.

 

Compre entender que prácticamente a totalidade dos contidos da materia están englobados en musicais e técnicos e como no resto das materias instrumentais, non están compartimentalizadas, é dicir, non funcionan como entes independentes secuenciadas por trimestres. Esto responde a que as aprendizaxes nestas disciplinas prodúcense en espiral. Isto determina que os contidos sobre a materia non se traballan unha soa vez de forma independente e secuenciada, se non todo ao mesmo tempo de forma gradual e repetida, contribuíndo a desenrolar o coñecemento intelectual sobre o repertorio traballado, o desenvolvemento do alumnado da súa autonomía instrumental e unha mellora progresiva da súa habilidade sobre o instrumento dende unha perspectiva técnica e musical. Esta é a razón pola que o proceso de desenrolo instrumental prodúcese de forma natural e progresiva sempre que haxa unha planificación dun repertorio axeitado. 

 

O contrario que noutras ensinanzas, tanto a nosa programación, como a nosa pedagoxía non secuencia en contidos se non no número de pezas que hai que traballar ao longo do curso atendendo ás necesidades do alumno e ó nivel requirido en cada curso académico. Debido ó anterior, as aprendizaxes non adquiridas, no caso da materia instrumento, estarán intimamente relacionadas cos mínimos esixibles en canto á preparación do repertorio no que o alumnado deberá abranguir os contidos especificados na programación acorde a cada curso.

 

Por todo o exposto anteriormente, os informes xerados no curso anterior serán determinantes para que cada docente pescude que pezas non foron abordadas no último trimestre para trasladar ese traballo pendente ao longo deste curso académico xunto co repertorio correspondente.

 

Os diferentes cursos están secuenciados nun número mínimo de obras expostas nos mínimos esixibles da programación. Considerando que o alumnado non cursou de forma presencial o último trimestre do curso anterior, de forma xeral, o alumnado que teña pendente parte do repertorio deberá completar neste curso académico a parte do repertorio mínimo para pasar de curso cumprindo os contidos establecidos na programación. Sen embargo, compre lembrar que os informes serán o documento vinculante que determine o repertorio real pendente de completar. Hai que ter en conta por outra parte que a excepción a todo esto son os cursos de 4º de Grao Elemental e 6º de Grao Profesional, ámbolos por ser os últimos cursos de cada Grao.

 

 

        

       Semipresencialidade e non presencialidade no centro.

 

Debido a incertidume que está a xerar a COVID no ámbito social e educativo contemplarase o uso dunha situación de semipresencialidade ou non presencialidade segundo o contexto sanitario. Para abranguer este tipo de educación promoveranse o uso de metodoloxías e recursos propios da formación telemática. No caso de formación semipresencial onde se poden contemplar escenarios de confinamientos parciais ou rotacións grupais, utilizarase a ensinanza virtual para o envío de materiais que reforcen as aprendizaxes dos contidos para intentar que alumnado non presencial temporal poida seguir o ritmo da aprendizaxe do resto do grupo.

No caso da non presencialidade, contémplase a utilización da videoconferencia, complementandoa coa utilización de recursos dixitais. En ámbolos casos sempre que sexa posible as clases serán realizadas dentro do horario establecido do profesorado.

 A comunicación coas familias terá unha importancia fundamental cara a detectar posibles problemáticas do alumnado no proceso de aprendizaxe. Utilizaranse  para o contacto coas familias  as plataformas dispoñibles para tal fin.

 

 

       Actividades de reforzo e recuperación

 

Para contribuir a unha preparación máis eficaz e rápida do repertorio non realizado, as actividades de reforzo e recuperación serán establecidas para contribuir a solventar as carencias nas aprendizaxes que por mor do confinamento e as consecuencias na impartición do currículo se viron afectadas. Cada departamento procederá a utilizar diferentes protocolos metodolóxicos, así coma o uso das aulas virtuais nas modalidades semipresencial ou non presencial.

Consecuentemente, nesta modalidade telemática propoñeranse actividades de reforzo e de recuperación para contribuir e potenciar a adquisición dos contidos requiridos tal como establece a programación.

miércoles, 23 de septiembre de 2020

Horario Colectivo de o Grao Elemental

 

HORARIOS DAS CLASES COLECTIVAS CONSERVATORIO


TEMPO LECTIVO PRESENCIAL 2.5 // TELEMÁTICO 0,5 (Traballos presentados na plataforma)


de grao elemental: ( Jose Romero)


Linguaxe Musical- Educación Auditiva e Vogal

Martes e Xoves de 17.45 a 19.00


de grao elemental:(Carlos)


Linguaxe Musical- Educación Auditiva e Vogal

Martes e Venres 18:00 a 19:15



de grao elemental: (Miguel)


Linguaxe Musical- Educación Auditiva e Vogal


Luns e Mércores de 17:45 a 19:00




de grao elemental:(Raúl)

Linguaxe Musical- Educación Auditiva e Vogal


Luns e Mércores de 18:15 a 19:30



ESCOLA DE MÚSICA


Música e movemento de 17.15 a 18.00


Consultar listados Tlf 988320533


Horario Colectivo de o Grao Profesional

 

de grao profesional

 

Linguaxe Musical----------------------------------Luns 20:15 a 21:00 e Xoves de 20:15 a 21:00

 

 

de grao profesional

 

Linguaxe Musical----------------------------------Luns e Xoves de 20:00 a 20:45

 

de grao profesional

 

NTAM Luns --------------          Grupo (A)  19:00 – 20:00

                                                         Grupo (B)  20:15 - 21:15  

                                                                               

Harmonía--------         Martes Grupo (A) 16:00 a 17:00

                                   Mércores Grupo (B) 16:45 a 17:45

 

de grao profesional:

 

 

Harmonía - -----------------Mércores (Presencial) (15:30-16:30) -presencial 50%  telemático 50%

 

Historia da Música --------- Xoves  (15:30-16:30)-------presencial 50%  telemático 50%

 

 

 

 

 

de grao profesional:

 

                                                                                         

 

Ánalise   -----------         Martes ---- 19:30 a 20.30.  presencial 50%  telemático 50%

 

                                                                                            

Historia da Música -----Martes--------20:30 a 21:30  presencial 50%  telemático 50%

 

 

de grao profesional:

 

 

 

Ánalise   --- Xoves ----------15.30 a 16.30  presencial 50%  telemático 50%

 

Optativa------------Técnicas de composiciones aplicada a la didáctica Xoves 16:30-17:30

 

Itinerario                        (a) Interpretación o Pedagogía. 17:30-18:30 xoves

 

 

Os horarios elaboraronse aplicando a normativa actual referente ao estado sanitario existente.

INSTRUCIÓNS DO 31 DE XULLO DE 2020, DA DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA PARA O DESENVOLVEMENTO DAS ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL PARA O CURSO 2020-2021.

 

INSTRUCIÓNS POLAS QUE SE INCORPORAN A DECLARACIÓN DE ACTUACIÓNS

COORDINADAS EN MATERIA DE SAÚDE PÚBLICA APROBADAS POLO CONSEJO

INTERTERRITORIAL DO SISTEMA NACIONAL DE SALUD PÚBLICA (D.O.G Nº174 BIS DO 28-08-2020) E A ACTUALIZACIÓN DAS RECOMENDACIÓNS SANITARIAS DO COMITÉ CLÍNICO AO PROTOCOLO DO 22 DE XULLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA OCURSO 2020-2021  VERSION 31-08-2020

 

sábado, 19 de septiembre de 2020

Calendario Setembro

 

CALENDARIO SETEMBRO

Debido as circunstancias actuais e que resultan alleas ao centro foi necesario adaptar un novo calendario que amosamos a continuación:

 

DIA 22

PUBLICACIÓN HORARIO LINGUAXE E EDUCACIÓN AUDITIVA DO   GRAO ELEMENTAL

PUBLICACIÓN  LISTADO DE ADMITIDOS (PROVISIONAL) ESCOLA DE MÚSICA

PUBLICACIÓN HORARIOS DE MÚSICA E MOVEMENTO

 

DIA 23

PUBLICACIÓN HORARIOS DAS CLASES COLECTIVAS GRAO PROFESIONAL

PUBLICACIÓN HORARIOS LINGUAXE ESCOLA

 

 

 

HORARIOS INDIVIDUAIS DE INSTRUMENTO 17:00 A 20:00

DE FORMA TELEFÓNICA OU TELEMÁTICA

Debido a situación sanitaria e de organización neste curso o horario da clase individual será proposto polo-a  profesor-a, os pais/nais recibirán unha chamada para confirmar o horario do alumno ou si fose necesario facer alguna modificación


DIA 24

PERCUSIÓN/ PIANO/CLARINETE/GAITA/VIOLÍN/ VENTO METAL

DIA 25

 FRAUTA /SAXOFÓN /VIOLONCELLO/GUITARRA


 INFORMACIÓN DOS  HORARIOS DAS CLASES INDIVIDUAIS

PARA A SOLICITUDE  DE CAMBIOS HABERÁ QUE SOLICITAR O TITOR DO INSTRUMENTO A TRAVES DO TELÉFONO DO CENTRO, OU NO EMAIL DO CENTRO.

O MODELO DE SOLICITUDE PODERASE PEDIR NA SECRETARIA OU NO BLOCK DO CENTRO IMPRESOS :https://drive.google.com/file/d/1FDuzPO4VAghs1koEZqHPzeiD4BNl53lV/view?usp=sharing

 

INICIO DAS CLASES

DIA 1  (ESPECIALIDADES INTRUMENTAIS)

DIA 5 (CLASES COLECTIVAS E RESTO DE MATERIAS)

 

Dada a situación sanitaria existente, este calendario poderá verse modificado en función das instruccións chegadas dende as diferentes administracións.

Calquera cambio será comunicado a través dos canles habituais.

sábado, 5 de septiembre de 2020

Probas de acceso Setembro (modificacións Calendario)

 Por motivos alleos ao Conservatorio, por estar en obras o edificio, e para poder garantir a seguridade dos membros da comunidade, vémonos obrigados aprazar as probas para unha nova data.


Alumnado de probas de acceso a primeiro curso de grao elemental

-Probas de acceso: día 15.
-Publicación de cualificacións: día 17.
-Período de reclamacións: dende o día 17 ata o 23.
-Matrícula de alumnado admitido: días 18 e 24.

Alumnado de probas de acceso a outros cursos distintos de primeiro
-Probas de acceso: do día 16.
-Publicación de cualificacións:  día 17
-Período de reclamacións:  dende o día 17 ata o 23..

miércoles, 22 de julio de 2020

Calendario setembro

CALENDARIO DE SETEMBRO


Exames e matrícula

Alumnado con materias pendentes de setembro
-Exames extraordinarios: día 3.
-Entrega de cualificacións: día 4 (entre as 17:30 e as 20h,).

Alumnado de probas de acceso a primeiro curso de grao elemental
-Probas de acceso: día 7.
-Publicación de cualificacións: día 8.
-Período de reclamacións: dende o día 8 ata o 14 (ás 14h).
-Matrícula de alumnado admitido: días 16 e 17.

Alumnado de probas de acceso a outros cursos distintos de primeiro
-Probas de acceso: do día 9 ao 10.
-Publicación de cualificacións: Profesional día 11, Elemental día 14.
-Período de reclamacións: Profesional ata o día 17 (ás 14h), Elemental ata o 18 (ás 14h).
-Matrícula de alumnado admitido: Profesional día 18, Elemental día 21.

Admisión de matrículas vivas e chamamentos de listas de agarda
-Unha vez tratadas nos órganos pertinentes, se resolverán as solicitudes de matrícula viva no Consello Escolar (en data pendente de determinar)
-Chamamento de alumnado de listas de agarda:data pendente de determinar.

Elección de prazas vacantes de 1º de grao elemental.
-Procedemento e data pendente de determinar.


As datas de publicación de listados e horarios, presentacións e inicio de curso publicaranse a principios do mes de setembro



Horario proba extraodinaria de Setembro


Linguaxe Musical 1º Grao Profesional

Día 3 as 18.00 (aula 2º dereita)

Violín 1º Curso Grao Profesional

Día 3 18.00 (aula 1º Ezquerda)

Violín 2º Curso Grao Profesional

Día 3 18.30  (aula 1º Ezquerda)

Frauta Traveseira 4º Grao Profesional                                                                                                     

Día 3 as 19.00 (aula 1º Ezquerda)