Conservatorio Profesional de Música do Barco de Valdeorras
Estación
n.º 2 32300 O Barco de Valdeorras Tlf 988320533
cmus.profesional.obarco@edu.xunta.gal
barconservatorio.blogspot.com /Facebook: Conservatorio
Escola de O Barco
Anexo as programacións
didácticas das asignaturas que se imparten no centro.
Adaptación extraordinaria da programación á nova situación por
COVID19 Segundo o Real Decreto 463/2020 que xerou un estado de alarma sanitario
a nivel estatal, as clases tiveron que suspenderse de xeito presencial o 16 de
marzo de 2020. Esta situación derivou nunha educación a distancia segundo as
ordes da (Consellería de Educación) Ministerio de Educación.
Segundo establecía o comunicado do 13 de
abril de 2020 da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, dirixido ás
direccións dos centro educativos de ensinanza non universitaria sobre as
medidas a adoptar en relación co inicio do terceiro trimestre, instábase a que
a actividade lectiva non presencial continuara, con carácter xeral, mediante
repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na
adquisición das competencias clave. Desta forma, os centros educativos
avaliarían as medidas a adoptar cara á atención do alumnado con maiores
dificultades de acceso á educación no actual contexto.
Atendendo a este requisito, cada centro dispuxo das
medidas precisas para facilitar a continuidade do proceso da aprendizaxe do
alumnado fóra do ámbito escolar. Así, dentro da súa autonomía pedagóxica e de
xestión, estableceu un sistema de comunicación e información co alumnado e as
familias a través das ferramentas ou plataformas utilizadas habitualmente,
atendendo sempre ás instruccións do centro para axeitarse da mellor forma
posible á situación vivida.
•
Avaliación inicial
Dado que a maioría do alumnado seguiu as
clases de forma telemática, será o profesorado o que procederá a establecer
unha avaliación inicial ao longo dos primeiros días do curso onde comprobará si
hai contidos non tratados. Este tipo de
avaliación permitirá coñecer e valorar a situación de partida do alumnado, para
así comezar cunha intervención axustada ás necesidades e posibilidades de cada
estudante. Ademáis, permitirá valorar o progreso realizado polo alumnado,
considerando que para apreciar o avance, é necesario ter en conta o nivel de
partida. Esta avaliación contribuirá a dotar ao docente dunha perspectiva real
sobre as metodoloxías necesarias a aplicar, para que de o xeito máis eficaz
posible, os estudantes aborden os posibles contidos máis esenciais non
traballados no último trimestre do pasado curso. Así o profesorado poderá realizar unha proba valorativa onde
detectará as aprendizaxes non adquiridas empregando e comprobando os informes
persoais de cada alumno xerados na fin do curso 2019-2020 que será determinante
para que a avaliación inicial manteña a máxima rigurosidade e obxectividade
posible.
Esta avalación será realizada de forma
individual a cada alumno e cos resultados obtidos procederase a establecer as
mellores pautas de traballo para a consecución dos contidos non realizados no
curso anterior.
Para unha comprensión das necesidades do alumnado, na avalación
inicial terase en conta o estado emocional do alumnado considerando os
acontecementos sociais e sanitarios tan complexos vividos. Por outra banda, os
docentes deberán detectar si o alumnado conta cos dispositivos pertinentes para
unha potencial educación telemática
Aprendizaxes non adquiridas durante o curso 2019-2020
Atendendo á situación vivida durante o
curso académico anterior, cada departamento impulsará a seguinte adaptación coa
finalidade de amosar os contidos non abranguidos no repertorio e que deberán
ser traballados ao traveso de diferentes estratexias metodolóxicas neste curso
no repertorio establecido na programación. Ao tratarse en moitos casos dunha
continuidade os docentes procederán a
unha secuenciación da forma máis eficiente e idonea posible para contribuir a
unha axeitada transición entre os contidos non dados e os propios deste curso
académico. A aula virtual terá por tanto un protagonismo relevante neste
propósito.
Compre entender que prácticamente a
totalidade dos contidos da materia están englobados en musicais e técnicos e
como no resto das materias instrumentais, non están compartimentalizadas, é dicir,
non funcionan como entes independentes secuenciadas por trimestres. Esto
responde a que as aprendizaxes nestas disciplinas prodúcense en espiral. Isto
determina que os contidos sobre a materia non se traballan unha soa vez de
forma independente e secuenciada, se non todo ao mesmo tempo de forma gradual e
repetida, contribuíndo a desenrolar o coñecemento intelectual sobre o
repertorio traballado, o desenvolvemento do alumnado da súa autonomía
instrumental e unha mellora progresiva da súa habilidade sobre o instrumento
dende unha perspectiva técnica e musical. Esta é a razón pola que o proceso de
desenrolo instrumental prodúcese de forma natural e progresiva sempre que haxa
unha planificación dun repertorio axeitado.
O contrario que noutras ensinanzas, tanto
a nosa programación, como a nosa pedagoxía non secuencia en contidos se non no
número de pezas que hai que traballar ao longo do curso atendendo ás
necesidades do alumno e ó nivel requirido en cada curso académico. Debido ó
anterior, as aprendizaxes non adquiridas, no caso da materia instrumento,
estarán intimamente relacionadas cos mínimos esixibles en canto á preparación
do repertorio no que o alumnado deberá abranguir os contidos especificados na
programación acorde a cada curso.
Por todo o exposto anteriormente, os
informes xerados no curso anterior serán determinantes para que cada docente
pescude que pezas non foron abordadas no último trimestre para trasladar ese
traballo pendente ao longo deste curso académico xunto co repertorio correspondente.
Os diferentes cursos están secuenciados
nun número mínimo de obras expostas nos mínimos esixibles da programación.
Considerando que o alumnado non cursou de forma presencial o último trimestre
do curso anterior, de forma xeral, o alumnado que teña pendente parte do
repertorio deberá completar neste curso académico a parte do repertorio mínimo
para pasar de curso cumprindo os contidos establecidos na programación. Sen
embargo, compre lembrar que os informes serán o documento vinculante que
determine o repertorio real pendente de completar. Hai que ter en conta por
outra parte que a excepción a todo esto son os cursos de 4º de Grao Elemental e
6º de Grao Profesional, ámbolos por ser os últimos cursos de cada Grao.
•
•
Semipresencialidade e non presencialidade no centro.
Debido a incertidume que está a xerar a
COVID no ámbito social e educativo contemplarase o uso dunha situación de
semipresencialidade ou non presencialidade segundo o contexto sanitario. Para
abranguer este tipo de educación promoveranse o uso de metodoloxías e recursos
propios da formación telemática. No caso de formación semipresencial onde se
poden contemplar escenarios de confinamientos parciais ou rotacións grupais,
utilizarase a ensinanza virtual para o envío de materiais que reforcen as
aprendizaxes dos contidos para intentar que alumnado non presencial temporal
poida seguir o ritmo da aprendizaxe do resto do grupo.
No caso da non presencialidade,
contémplase a utilización da videoconferencia, complementandoa coa utilización
de recursos dixitais. En ámbolos casos sempre que sexa posible as clases serán
realizadas dentro do horario establecido do profesorado.
A comunicación coas familias
terá unha importancia fundamental cara a detectar posibles problemáticas do
alumnado no proceso de aprendizaxe. Utilizaranse para o contacto coas familias as plataformas dispoñibles para tal fin.
•
Actividades de reforzo e recuperación
Para contribuir a unha preparación máis
eficaz e rápida do repertorio non realizado, as actividades de reforzo e
recuperación serán establecidas para contribuir a solventar as carencias nas
aprendizaxes que por mor do confinamento e as consecuencias na impartición do
currículo se viron afectadas. Cada departamento procederá a utilizar diferentes
protocolos metodolóxicos, así coma o uso das aulas virtuais nas modalidades
semipresencial ou non presencial.
Consecuentemente, nesta modalidade
telemática propoñeranse actividades de reforzo e de recuperación para
contribuir e potenciar a adquisición dos contidos requiridos tal como establece
a programación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario